Quen son?

Juan Alberto Álvarez Iglesias tocando o tamboril

Chámome Juan Alberto Álvarez Iglesias. Nacín en Cangas e con 4 anos mudeime pra Chapela, pobo no que me criei.

Comezo a miña andaina na música alá polo ano 2000 no Grupo Folclórico Anaquiños de Chapela iniciándome na gaita e tambor tradicional da man de Luis Correa “O Caruncho” onde paso máis de 10 anos da miña vida participando en diferentes festivais folclóricos de Galicia, España e Portugal.

No 2008 abrin horizontes cara outro tipo de músicas iniciándome como baterista da man de Daniel Díaz e participando en diferentes grupos “amateur” ata o ano 2011 cando iniciei unha carreira máis profesional fundando as bandas de Ska e Punk Rock Liska, Ovos Podres e acompañando o cantautor punk Leo Arremecághona, cos que botei preto de 4 anos xirando por todo o territorio galego.

No 2014 chegou o momento de volver á musica tradicional entrando a formar parte do grupo Os Carunchos, consolidando definitivamente a miña carreira profesional na música e comezando a impartir clases de gaita e percusión tradicional en diferentes asociacións.

No 2018 chegoume a oportunidade de volver a coller as baquetas sentado nunha batería da man de Os Residuos Atractivas. Son nestes dous últimos grupos nos que permanezo activo como integrante. A día de hoxe tamén dou cobertura a eventos como pasarrúas, procesións ou vodas co cuarteto de música tradicional Gaiteiros da Ría e cos Beretes de Chapela. Tamén formo parte do grupo Galego/Portugués Os Raianos no que poñemos en valor o repertorio tradicional compartido entre as duas bandas do Miño.

Na actualidade imparto clases de percusión tradicional na A.V.C. Casco Vello (Vigo), na A.V. de Teis (Vigo), no grupo folclórico Anaquiños de Chapela, e na A.C. Peis D’hos (Cangas); así como de gaita e tambor na A.C. Nautilius de Comesaña e na A.V.C. Vilar de Lavadores.

Juan Alberto Álvarez Iglesias tocando a gaita

Discografía

Sonhos de Raiva – Liska (2013)

Cantares – Os Carunchos (2016)

Lingua de Xigantes – Os Carunchos (2021)

Antes Molábamos – Os Residuos Atractivas (2024)

Unha Gorxa Chea de Paxaros – Os Carunchos (2024)

Videoclips

Transcript

Este video é un titorial visual e musical sen contido falado relevante.

Transcript

Este video é un titorial visual e musical sen contido falado relevante.

Transcript

Este video é un titorial visual e musical sen contido falado relevante.

Transcript

Este video é un titorial visual e musical sen contido falado relevante.

Transcript

Este video é un titorial visual e musical sen contido falado relevante.

Transcript

Este video é un titorial visual e musical sen contido falado relevante.